CRTVG

Buscar

A industria galega facturou en agosto un 5,6 % máis ca o ano anterior; a media española subiu un 17 %

Publicado o 21/10/2021 14:58
A industria galega facturou en agosto un 5,6 % máis ca o ano anterior; a media española subiu un 17 %

A facturación da industria segue medrando tras un ano de taxas negativas pola pandemia. A cifra de negocios da industria galega subiu un 5,6 % en agosto con respecto ao mesmo mes de 2020, co que acumula un 17,7 por cento de incremento no que vai de ano.

No conxunto de España, a industria medrou en agosto un 17 %, segundo os datos que publica hoxe o Instituto Nacional de Estatística. A facturación deste sector suma seis meses consecutivos de ascensos.

Noticias web

21/10/2021