A industria galega do mar, pendente da tramitación da Lei de Cambio Climático
Publicado o 09/09/2020 15:13
A industria do mar galega, desde conserveiras a cetarias, agarda con incerteza a tramitación da Lei de cambio climático, que ameaza as súas concesións ao recortar os prazos de ocupación dos terreos de costa en que están asentadas. O PSOE acaba de presentar unha emenda para que queden excluídas desta limitación as empresas de pesca e de acuicultura. A conselleira do Mar agradecía esta corrección.
"Alégrome de que os alcaldes litoral, sendo do PSOE, se sumen ás nosas iniciativas defensa dos intereses da cadea mar-industria", dixo Rosa Quintana.