CRTVG

Buscar

A industria galega colócase na vangarda europea da enerxía eólica mariña

Publicado o 29/10/2018 18:19

A industria galega colócase, da man de Iberdrola, na vangarda europea da enerxía eólica mariña. 

Aquí, en augas do mar Báltico, no porto alemán de Sassnitz, acaba de inaugurarse o parque eólico mariño Wikinger, un proxecto da empresa eléctrica Iberdrola que contou coa experiencia da industria galega para levar adiante este contrato que vai ter continuación cunha nova ampliación.  

A construción deste parque serviu para devolverlles a actividade ás instalacións de Navantia en Fene e abriulles ademais un interesante nicho de mercado en que se agarda un elevado volume de contratación nos próximos anos. Navantia traballa tamén con Iberdrola para o parque East Anglia, fronte á costa inglesa, e opta a novos contratos para Francia e Alemaña.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/10/2018