CRTVG

Buscar

A industria forestal galega acada cifras récord en facturación

Publicado o 02/12/2019 15:19

A industria forestal galega acada cifras récord en facturación con dous mil trescentos millóns de euros e máis de vinte e un mil empregos directos. Con estes datos, o sector pechou o 2018, pero advirten dunha ralentización ao peche deste ano, sobre todo pola incerteza no comercio exterior mundial.

O cincuenta por cento da madeira que se corta en España prodece dos montes galegos. Galicia é líder a nivel nacional e no exterior exporta a 42 países europeos, o seu principal mercado, seguenlle África, América e Asia, onde aínda non ten moita presenza. No 2018, o total do valor das exportacións superou a cifra récord dos 900 millóns de euros.

2017 é un ano de consolidación e no 2018 o sector acada cifras récord con 2.300 millóns de facturación e máis de 21.000 empregos directos. No 2019 advirten dun cambio na tendencia.

Os principais retos para o futuro desta industria pasan pola mellora da calidade cunha maior eficiencia, entrar en novos mercados e tomar o liderado no uso de materiais sostibles.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/12/2019