CRTVG

Buscar

A industria auxiliar negociará con Pemex "tomar o control" de Barreras

Publicado o 24/10/2019 19:55

A industria auxiliar do naval decide dar un paso adiante e tomar o control de Barreras para desbloquear a situación de crise do estaleiro vigués. Xa lle transmitiron a Pemex, o accionista maioritario, a sua decisión e aseguran que foi ben acollida. Esta semana comezarán os trámites oficiais.

33 empresas auxiliares, ás que Barreras lles debe uns 25 millóns de euros, están en situación desesperada. Ninguén lles comunicou oficialmente que teñen que paralizar os seus encargos, nin atopan interlocutor con quen poder avanzar nos proxectos.

Por iso, intentan tomar o control do estaleiro. Ben intercambiando por accións parte da débeda que Barreras ten con elas ou negociando a cesión de dereitos políticos.

Esta semana comunicaranllo oficialmente a Pemex, o accionista maioritario, e deixan, tamén, unha mensaxe de confianza aos seus principais clientes.

Un grupo de traballadores concentrouse esta mañá ás portas do estaleiro en Vigo. Piden que se retome a actividade industrial coa volta dos traballadores e das empresas auxiliares.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/10/2019