CRTVG

Buscar

A industria aeronáutica galega trata de captar fondos do plan europeo de recuperación económica

Publicado o 11/12/2020 13:21

A industria aeronáutica galega trata de captar fondos do plan europeo de recuperación para paliar os danos económicos pola crise sanitaria. A facturación e o emprego caeron case un 14% no segundo semestre do ano.

O proxecto de avións non tripulados do polo aeroespacial de Rozas é a aposta de Galicia para a captación de recursos da Xunta, con 20 millóns para o próximo ano, e dos fondos de Europa.

Durante a reunión mantida entre o Consorcio Aeronático Galego e o conselleiro de Economía establecéronse as liñas de traballo para poñer á cabeza esta industria que aglutina trinta empresas e máis de mil empregos na nosa comunidade. 

Noticias web

11/12/2020