CRTVG

Buscar

A indignación crece entre os comerciantes polos continuos cortes de luz

Publicado o 13/09/2019 13:50

Veciños e comerciantes da zona centro de Pontevedra están fartos dos continuos cortes de luz que están a padecer. A falta de subministración aféctalles especialmente aos negocios. Ás escuras, e sen posibilidade de empregar a maquinaria habitual de traballo, non poden atender os clientes. Os afectados esixen unha solución urxente para non seguir acumulando perdas.

Nestas galerías comerciais de Pontevedra sufriron o último corte de luz que nestes meses están a padecer moitos establecementos da zona centro da cidade. Unha situación que, segundo eles, lles está a ocasionar moitas perdas porque sen luz non poden atender os clientes.

Os comerciantes non saben quen é o culpable desta situación pero din que pagan os seus recibos e no reciben servizo. Demandan solucións urxentes.

O Concello de Pontevedra xa pediu explicacións á empresa responsable da subministración eléctrica. Mentres a solución non chega, os afectados agardan que non se volvan producir máis cortes para non seguir acumulando perdas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2019