CRTVG

Buscar

A India achégase aos 84.000 casos diarios

Publicado o 03/09/2020 13:54

Preocupa A India. O subcontinente superou unha nova marca ao se achegar aos 84.000 infectados diarios. Toca os catro millóns de casos e ocupa a terceira posición nunha dubidosa serie que encabezan os Estados Unidos. En Nova York, onde os casos diminúen, proban experiencias coma esta: clases nas rúas para os máis pequenos. O aire libre semella una estratexia desta castigada cidade.

En Wuhan, cerna da pandemia, os mais pequenos volven ás clases, como en todo o mundo, con medidas de seguridade.

Tamen en Londres volven á clase de xeito gradual. Segundo a UNESCO, só a metade dos 900 millóns de estudantes de primaria e secundaria en todo o planeta poderán regresar ás aulas nos vindeiros meses.

A América Latina debátese entre a nova normalidade de países como Chile e o combate ao virus do seu veciño O Perú, o país con máis contaxiados da rexión.

O planeta superou a barreira dos 26 millóns de infectados, segundo a Universidade John Hopkins dos Estados Unidos.

Noticias web

03/09/2020