CRTVG

Buscar

A incidencia sobe a 174 casos en España, con Madrid e Navarra á cabeza

Publicado o 08/04/2021 19:36
A incidencia sobe a 174 casos en España, con Madrid e Navarra á cabeza

As comunidades autónomas notificaron este xoves ao Ministerio de Sanidade 9.901 novos casos de covid 5.386 deles diagnosticados nas últimas 24 horas. Estas cifras son superiores ás do mesmo día da semana pasada, cando se notificaron 7.041 positivos.  

 A cifra total de contaxios en España elévase xa a 3.336.637 desde o inicio da pandemia, segundo as estatísticas oficiais. A incidencia acumulada nos últimos 14 días por 100.000 habitantes sitúase en 174,52, fronte a 167,97 onte. Nas pasadas dúas semanas rexistrouse un total de 82.813 positivos. Con 5 rexión por enriba do risco extremo de 250, encabezadas por Navarra e Madrid, que nas últimas 24 horas soben ata 379,4 e 315,4, respectivamente.

No informe deste xoves engadíronse 142 novos falecementos, en comparación con 82 o xoves pasado. Ata 76.179 persoas con proba diagnóstica positiva faleceron desde que o virus chegou a España, de acordo cos datos recolleitos polo Ministerio. Na última semana faleceron 282 persoas con diagnóstico de covid-19 positivo confirmado en España. 

 Actualmente, hai 9.384 pacientes ingresados pola covid-19 en toda España (9.412 onte) e 2.024 en UCI (2.009 onte). A taxa de ocupación de camas ocupadas por coronavirus sitúase no 7,50 por cento (7,52% onte) e na UCI no 20,26 por cento (20,09% onte).