CRTVG

Buscar

A incidencia segue subindo en España ata os 279 casos e repórtanse 148 mortes

Publicado o 31/12/2020 18:42
A incidencia segue subindo en España ata os 279 casos e repórtanse 148 mortes

O Ministerio de Sanidade reportou un novo incremento da incidencia acumulada en 14 días, que aumenta en 14 puntos ata os 279 casos de covid por cada 100.000 habitantes, ademais de notificar 18.047 novos contaxios, que elevan a cifra total de positivos a 1.928.265, e a de mortos a 50.837, con 148 falecidos máis.

Ademais, as comunidades notificaron a Sanidade que hai 11.535 enfermos ingresados (370 menos que onte) nos hospitais, cunha ocupación do 9,49% frente ao 9,8% do mércores, que no caso das UCI sitúase no 21,21% das camas.