CRTVG

Buscar

A incidencia en España segue descendento lentamente; notifícanse 5.359 casos

Publicado o 25/05/2021 18:34
A incidencia en España segue descendento lentamente; notifícanse 5.359 casos

As comunidades autónomas notificaron este martes ao Ministerio de Sanidade 5.359 novos casos de coronavirus, dos que 2.100 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, fronte aos 1.017 rexistrados o luns. Iso eleva a 3.652.879 a cifra total de persoas contaxiadas de covid−19 desde o inicio da pandemia.   

Respecto á incidencia media actual de contaxios en España nos últimos 14 días, o informe mostra que segue reducíndose; sitúase nos 128,12 casos por cada 100.000 habitantes, en comparación cos 129,41 notificados onte polo departamento dirixido por Carolina Darias.   

Canto aos falecidos por covid−19, este martes notificáronse 90 e 141 rexistráronse na última semana. Isto fai que a cifra global de mortos por coronavirus en España se eleve ás 79.801 persoas.

Actualmente hai 5.412 pacientes ingresados por covid−19 en toda España e 1.552 na UCI, aínda que nas últimas 24 horas se produciron 549 ingresos e 715 altas. A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 4,34 por cento e nas UCI no 15,97 por cento.