CRTVG

Buscar

A incidencia cae lixeiramente pero seguen aumentando as hospitalizacións

Publicado o 28/07/2021 19:50
A incidencia cae lixeiramente pero seguen aumentando as hospitalizacións
EUROPA PRESS

O Ministerio de Sanidade rexistrou este mércores, con datos achegados polas comunidades autónomas, 27.149 novos casos de coronavirus, dos que 15.650 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, fronte aos 13.936 rexistrados o martes. Iso eleva a 4.395.602 a cifra total de persoas contaxiadas de covid−19 desde o inicio da pandemia.   

Respecto á incidencia media actual de contaxios en España nos últimos 14 días, o informe mostra que se reduciu lixeiramente. Situouse nos 699,84 casos por cada 100.000 habitantes, en comparación cos 701,92 notificados o martes polo departamento dirixido por Carolina Darias.   

Canto aos falecidos por covid−19, notificáronse 73 e rexistráronse 178 na última semana. Isto fai que a cifra global de vítimas por coronavirus en España se eleve ás 81.396 persoas. 

Actualmente hai 9.672 pacientes ingresados por covid−19 en toda España e 1.593 en UCI, aínda que nas últimas 24 horas producíronse 1.429 ingresos e 1.247 altas. A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 8,08 por cento e nas UCI no 17,21 por cento.   

Noticias web

28/07/2021