CRTVG

Buscar

A incidencia en España baixa de 200 por primeira vez desde febreiro: 198,6

Publicado o 07/05/2021 18:44
A incidencia en España baixa de 200 por primeira vez desde febreiro: 198,6
EFE

Cunha baixada de 2,6 puntos, ata 198,6, a incidencia sitúase este venres por baixo dos 200 casos en 14 días por primeira vez desde o pasado 26 de febreiro, segundo o Ministerio de Sanidade, que notificou tamén un lixeiro descenso da ocupación das UCI ata o 21,8 % (3 décimas menos que onte).

Segundo Sanidade, nas últimas 24 horas houbo 8.186 novos contaxios, co que a cifra total de infeccións desde o inicio da pandemia elévase a 3.567.408 e hai 66 mortes máis, ata un total de 78.792, das cales 251 foron notificadas nos últimos sete días.

Cinco comunidades seguen baixo presión extrema nas súas UCI (máis dun 25 % de ocupación de pacientes covid): Aragón (32 %), Cataluña (33 %), Madrid (42 %), País Vasco (36 %) e A Rioxa (33 %).

Ademais, a pouco máis de 24 horas para que termine o estado de alarma, hai cinco comunidades en risco extremo de transmisión (máis de 250 casos): Aragón (293), Cataluña (251), Madrid (317), Navarra (296) e País Vasco (447), ademais da cidade autónoma de Melilla (305,4).

Con todo, A Rioxa, que levaba semanas na lista de comunidades en risco extremo por transmisión de covid, baixou hoxe a súa incidencia a 246, fronte aos 269 casos de onte.