CRTVG

Buscar

A incidencia estabilízase en España e anda arredor dos 42 casos

Publicado o 20/10/2021 18:14

• Cantabria regresa ao risco medio, cunha incidencia de 51 casos

• A taxa de positividade continúa por debaixo do 5 %, un parámetro en que a OMS dá por controlada a propagación do virus

A incidencia estabilízase en España e anda arredor dos 42 casos
EP

As comunidades autónomas notificaron este mércores ao Ministerio de Sanidade 2.528 novos casos de COVID−19, 1.285 deles diagnosticados nas últimas 24 horas. Estas cifras son inferiores ás do mesmo día da semana pasada, cando se notificaron 2.758 positivos, o que evidencia a tendencia lixeiramente estancada na evolución da pandemia.   

A cifra total de contaxios en España elévase xa a 4.993.295 desde o inicio da pandemia, segundo as estatísticas oficiais. A incidencia acumulada nos últimos 14 días por 100.000 habitantes sitúase en 43,15, fronte a 41,90 onte. Nas pasadas dúas semanas rexistráronse un total de 20.475 positivos. 

No informe deste mércores engadíronse 31 falecementos, en comparación con 42 o mércores pasado. Ata 87.082 persoas con proba diagnóstica positiva faleceron desde que o virus chegou a España, de acordo cos datos recollidos polo Ministerio. Na última semana faleceron 71 persoas con diagnóstico de COVID−19 positivo confirmado en España.

Actualmente, hai 1.828 pacientes ingresados por COVID−19 en toda España (1.848 onte) e 447 en UCI (433 onte). Nas últimas 24 horas, producíronse 220 ingresos (215 onte) e 224 altas (202 onte). A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 1,49 por cento (1,51 % onte) e nas UCI no 4,91 por cento (4,76 % onte).   

Entre o 10 e o 16 de outubro, as comunidades autónomas realizaron 521.794 probas diagnósticas, das cales 313.000 foron PCR e 208.794 tests de antíxenos, cunha taxa global por 100.000 habitantes de 1.109,58.   

Mentres tanto, a taxa de positividade sitúase no 2,22 por cento, fronte ao 2,25 por cento de onte. A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda que este dato se atope por baixo do 5 por cento para considerar como controlada a propagación do virus

Noticias web

20/10/2021