CRTVG

Buscar

Lobios ve nun só día como cae a incicencia e agarda poder librar das máximas restricións

Publicado o 01/06/2021 14:53

Forte caída da incidencia en Lobios, que pasou de 585 casos por cen mil a 176 nun só día. É  un dos tres concellos galegos sometidos actualmente ás restricións máis duras.

Este municipio ourensán está pechado perimetralmente. Algo que notan e moito, os negocios locais, como explica a dona dunha perruquería. 

Tamén están prohibidas as reunións de persoas non conviventes. E os bares e restaurantes só poden servir para levar. Pero o descenso na transmisión do virus podería levar o comité a aliviar as restricións neste concello ourensán onde viven uns 1.700 veciños.

Noticias web

01/06/2021