CRTVG

Buscar

A incidencia en España continúa nunha lenta suba e alcanza os 134 casos

Publicado o 25/03/2021 19:03
A incidencia en España continúa nunha lenta suba e alcanza os 134 casos

As comunidades autónomas notificaron este xoves ao Ministerio de Sanidade 6.393 novos casos de covid-19, 3.573 deles diagnosticados nas últimas 24 horas. Estas cifras son lixeiramente superiorse ás do mesmo día da semana pasada, cando se notificaron 6.216 positivos. A cifra total de contaxios en España elévase xa a 3.247.738 desde o inicio da pandemia, segundo as estatísticas oficiais. 

A incidencia acumulada nos últimos 14 días por 100.000 habitantes sitúase en 134,08, fronte a 132,22 onte. Nas pasadas dúas semanas rexistrouse un total de 63.053 positivos.

No informe deste xoves engadíronse 356 novos falecementos, en comparación con 117 o xoves pasado. Ata 74.420 persoas con proba diagnóstica positiva faleceron desde que o virus chegou a España, de acordo cos datos recollidos polo Ministerio.

Actualmente, hai 7.798 pacientes ingresados en toda España e 1.853 en UCI. A taxa de ocupación de camas ocupadas por coronavirus sitúase no 6,23 por cento (6,24% onte) e nas UCI no 18,62 por cento (18,64% onte).