CRTVG

Buscar

A incidencia dispárase na Pastoriza, con 1.900 casos por cada 100.000 veciños

Publicado o 11/01/2021 16:05

Os contaxios tamén están a aumentar en pequenos concellos. En Galicia hai preto de 40 municipios cunha taxa por encima dos 500 casos por cada 100.000 habitantes. Un deles é o concello da Pastoriza.

A incidencia do virus tamén se está a disparar en concellos rurais e pouco poboados coma neste pequeno concello da Pastoriza, na provincia de Lugo, onde a incidencia acumulada é de máis de 1.900 casos por cada 100.000 veciños. Con todo, estas taxas moi elevadas están relacionadas en moitos municipios con gromos nas residencias de maiores, é o caso da Pastoriza onde 46 positivos están relacionados co xeriátrico.

Tamén aumenta a preocupación dos veciños da zona. Ver a incidencia do virus cada vez máis preto fai que moitos limiten as súas saídas e actividades.

A elevada incidencia de moitos concellos está vinculada con gromos en residencias de maiores e os expertos sinalan que os casos rexistrados en concellos pequenos son máis sinxelos de controlar. Boa parte dos positivos da Pastoriza están relacionados con esta residencia que suma 46 positivos algo semellante acontece en Xove, o concello galego con maior incidencia acumulada.

Noticias web

11/01/2021