CRTVG

Buscar

A incidencia descende en España, que sae xa do risco extremo

Publicado o 23/02/2021 18:36
A incidencia descende en España, que sae xa do risco extremo

O Ministerio de Sanidade informou este martes dun novo descenso da incidencia acumulada da covid-19, que se sitúa en 235,84 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días, mentres que se notificaron 443 novas mortes.

Tamén descendeu lixeiramente a presión nas unidades de coidados intensivos, cuxa ocupación está no 31,54 % con 3.365 pacientes, así como as persoas hospitalizadas por coronavirus, que son 14.169. 

A incidencia acumulada descende así do limiar de risco extremo, establecido nos 250 casos por cada 100.000 habitantes en 14 días