CRTVG

Buscar

A incidencia en España segue en descenso lento pero estable, con 115 casos

Publicado o 07/06/2021 19:27
EFE

O director do Centro de Coordinación de alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, comentou que a pandemia da covid segue en descenso lento pero estable e este luns a incidencia en 14 días sitúase en 115,3, dous puntos menos que o pasado venres. O portavoz sanitario salientou que hai gran variabilidade na transmisión do covid entre comunidades, pero é maior agora por grupos de idade debido ao impacto da vacinación. "Está a ter un efecto moi importante a vacinación na transmisión", dixo Simón, ao comentar que a cifra de falecidos en sete días mantense en torno ao centenar, cando hai dúas semanas era duns 150 decesos á semana.

Nos últimos sete días houbo 91 falecidos, segundo Simón, aínda que advertiu de que son datos aínda provisionais debido aos atrasos nas notificacións da fin de semana. Tamén dixo que a ocupación das UCI vai descendendo máis rápido que en semanas previas e está no 11,8 % (tres décimas menos que o venres) e a hospitalaria mantense no 3,3 %. 

Simón expresou preocupación pola situación hospitalaria en Madrid, que é a única comunidade coas ucis en alta presión (26,25 %) e coas camas en planta ocupadas ao 6,3 %. O Ministerio de Sanidade notificou 9.536  novos positivos desde o venres e 40 mortes máis.Desde o inicio da pandemia houbo 3.707.523 contaxios e un total de 80.236 falecidos.

Récord de vacinación nunha fin de semana

En total, máis de 11 millóns de persoas xa teñen a pauta completa da vacina contra a covid. Alcanzouse esta cifra, tras rexistrar un novo récord de vacinación ao administrarse, por primeira vez durante a fin de semana, máis dun millón duascentas mil vacinas. Sanidade ofrece a posibilidade de recibir a segunda dose noutra comunidade aos que estean de vacacións para evitar atrasos excesivos.

Noticias web

07/06/2021