CRTVG

Buscar

A incidencia da covid-19 segue aumentando en España, con 10.654 novos casos

Publicado o 22/12/2020 18:43
A incidencia da covid-19 segue aumentando en España, con 10.654 novos casos

As comunidades autónomas notiticaron este martes ao Ministerio de Sanidade 10.654 casos de covid-19, dos que 5.637 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, fronte aos 2.156 rexistrados o luns, elevándose a cifra global de persoas infectadas por coronavirus ás 1.829.903 . 

A incidencia media actual de contaxios en España nos últimos 14 días segue aumentando, situándose nos 236,27 casos por cada 100.000 habitantes, en comparación cos 224,88 notificado o luns polo Ministerio de Sanidade. 

O departamento que dirixe Salvador Illa notificou este luns 260 mortes máis, dos cales 658 rexistráronse na última semana. Isto fai que a cifra global de mortos por coronavirus en España se eleve ás 49.520 persoas

Na actualidade, hai 11.500 pacientes ingresados por covid-19 en toda España e 1.906 nunha UCI, aínda que nas últimas 24 horas producíronse 1.266 ingresos e 1.241 altas.

Ademais, na última semana 2.101 persoas ingresaron nun hospital como consecuencia da infección provocada polo contaxio do coronavirus e 148 nunha UCI.

A taxa de ocupación por coronavirus está actualmente no 9,40 por cento e nas UCI no 20,01 por cento.