CRTVG

Buscar

A incidencia continúa descendendo en España, pero soben os novos casos

Publicado o 02/09/2021 18:33
A incidencia continúa descendendo en España, pero soben os novos casos
EUROPA PRESS

O Ministerio de Sanidade rexistrou este xoves, con datos achegados polas comunidades autónomas, 9.561 novos casos de coronavirus, dos que 3.316 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, fronte aos 3.529 rexistrados o mércores; iso eleva a 4.871.44 a cifra total de persoas contaxiadas de covid−19 desde o inicio da pandemia.   

Respecto á incidencia media actual de contaxios en España nos últimos 14 días, o informe mostra que segue reducíndose; sitúase nos 210,62 casos por cada 100.000 habitantes, en comparación cos 221,76 notificados o mércores polo departamento dirixido por Carolina Darias.   

Canto aos falecidos por covid−19, notificáronse 168. Deles, 360 rexistráronse na última semana. Isto fai que a cifra global de falecementos por coronavirus en España se eleve ás 84.640 persoas. 

Actualmente, hai 6.288 pacientes ingresados por covid−19 en toda España e 1.491 en UCI, aínda que nas últimas 24 horas producíronse 592 ingresos e 745 altas. A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 5,34 % por cento e nas UCI no 16,29 % por cento

Noticias web

02/09/2021