A incidencia baixa 25 puntos nunha xornada con 17.023 novos casos en España
Publicado o 11/08/2021 18:10

A incidencia acumulada mantense un día máis á baixa no conxunto de toda España. Sitúase en 503 por cada 100.000 habitantes, a 14 días, fronte aos 528 deste martes.
Sanidade comunica 17.023 novos casos, 9.192 foron diagnosticados nas últimas horas. No que se refire aos falecidos, o informe de hoxe engade 93 máis. Xa son 82.320 as persoas que morreron dende que comezou a pandemia.
Nos hospitais, os ingresos baixan dos 10.000 e redúcense en 181 con respecto á xornada anterior. Nas UCI hai 1.947 pacientes. E nas últimas horas ingresaron 1.167 persoas polo virus. O dato positivo atopámolo nas altas, máis de 1.300.