A incidencia acumulada en Lousame supera os 300 casos por cen mil habitantes
Consternación e preocupación en Lousame pola morte dun dos seus veciños a causa da covid, dous gromos familiares orixinaron os casos neste concello da Barbanza. Os casos activos subían a once, pero nas últimas horas producíanse altas. A incidencia acumulada está en 336 casos por cada cen mil habitantes.
Teresa Villaverde Pais, alcaldesa de Lousame: "Eu teño coñecemento de que hoxe se produciron dúas altas e un falecemento polo que mañá volverán baixar. Estamos con risco, pero sen entrar en niveis máximos que nos fagan tomar outro tipo de medidas"
A situación está controlada, pero os veciños saben que deben seguir tomando todas as precaucións. Desde o Concello piden cautela e sentidiño para poder volver aos niveis que tiñan hai tan só unhas semanas con cero casos.