CRTVG

Buscar

A incidencia acumulada en Lalín supera os 250 casos por 100.000 habitantes

Publicado o 31/08/2021 15:11

A incidencia acumulada a catorce días no concello de Lalín é de 257 casos por 100.000 habitantes. A maioría dos novos positivos sitúanse na franxa dos 14 aos 26 anos. De feito, o último cribado que se fixo no centro de saúde ía dirixido a esta poboación. A participación foi escasa, algo máis do 36 por cento, pero detectáronse seis positivos.

Nestes momentos hai algo máis de medio cento de casos activos pero o concello mantense no nivel medio-baixo de restricións. As autoridades locais están alerta, pendentes do que decida o comité clínico na vindeira xuntanza. Porén, consideran que a situación non é preocupante.

A evolución da pandemia determinará a celebración das festas de finais de setembro. Fontes municipais lembran que o concello nunca superou o cento de casos malia ter unha poboación superior aos 20.000 habitantes.

Noticias web

31/08/2021