CRTVG

Buscar

A incidencia acumulada descende en España ata os 696 casos

Publicado o 29/07/2021 20:54
A incidencia acumulada descende en España ata os 696 casos

A incidencia acumulada descende lixeiramente por segunda xornada consecutiva e queda nos 696 casos por cada cen mil habitantes. A baixada é de tres puntos respecto a onte. Sanidade rexistrou tamén máis de 26.000 novos contaxios e 46 mortes nas últimas 24 horas. 

Esta nova caída confirma a tese do Ministerio de Sanidade de que o país dobrará esta quinta vaga durante a primeira semana de agosto.

A baixada da incidencia non foi xeneralizada en todos os grupos de idade. Na franxa de 60 a 69 anos a incidencia creceu un punto. O outro grupo en que aumentou foi o de maiores de 80 anos, onde a incidencia a 14 días pasou a 272 casos por cada 100.000 habitantes.

 

Noticias web

29/07/2021