CRTVG

Buscar

A incidencia acumulada de Arteixo baixou preto de mil puntos en dúas semanas

Publicado o 14/02/2021 13:54

Hai dúas semanas, Arteixo contabilizaba preto de seiscentos casos activos. A incidencia acumulada superaba os 1.700 puntos. Era a máis alta da súa área sanitaria. O punto de inflexión chegou o un de febreiro. Desde aquela, a cifra de novos contaxios decrece de forma constante. Arteixo, canda Xinzo de Limia e Viveiro, leva unha semana máis que o resto de Galicia vivindo coas restricións máximas.

En Arteixo hai duascentas corenta persoas con infección activa, algo máis de setececentos casos por cada cen mil habitantes. Os veciños están pendentes da próxima reunión do comité clínico da Xunta por se decide suavizar un chisco as restricións.

 

Noticias web

14/02/2021