CRTVG

Buscar

A incerteza marca o inico da campaña do pemento de Herbón

Publicado o 12/05/2020 14:20

Na localidade coruñesa de Herbón os produtores de pemento traballan contra o reloxo para apañar os primeiros da temporada. Unha campaña marcada pola incerteza da situación provocada pola COVID-19.

"Incerteza, porque o 80 por cento da produción vai destinada á restauración", di José Manuel Ferro Lago, de Pementos Carmucha.

O clima de momento non está a favorecer o crecemento. Será para dentro dunha semana cando esperan que as plantas empecen a estar cheas de froito.

En previsión do que poida acontecer, esta empresa familiar que acadou o selo de Galicia Calidade decidiu innovar cos excedentes de produción para permitir gozar do sabor do pemento de Herbón fóra da temporada estival.

"O pemento non é só para fritir. Nós temos pementón, confitura de pemento de Herbón e queixo con pementos de Herbón", asegura José Manuel Ferro Lago, de Pementos Carmucha.

Este ano esperan acadar unha produción de 12.000 bolsas de pementos de Herbón, que levarán o selo Galicia Calidade por toda Gailcia e boa parte de España en canto os mercados e os restaurantes retomen a actividade.

Noticias web

12/05/2020