A imprudencia dun ciclista no medio do temporal provoca unha indignación masiva
Publicado o 15/01/2020 14:38
Con aviso laranxa no mar, un ciclista bótase contra unha onda sen medir o perigo. Todo un exemplo de imprudencia que lle puido saír moi caro.
O vídeo fíxose viral nas últimas horas e acaparou unha morea de críticas e indignación nas redes.