CRTVG

Buscar

Os nutricionistas insisten na importancia das merendas saudables

Publicado o 11/09/2019 17:25

Pastelería industrial, alimentos procesados, zumes e lácteos azucrados son produtos que levan décadas endemoñados e malia todo seguen a ter un oco nas mochilas dos escolares para a hora da merenda.

María Teresa Rejas, nutricionista celular di: "As merendas teñen que ser o menos procesadas, hai que afastarse do tema dos azucres, o exceso de lácteos porque moitas veces levan bebibles que están cheos de azucre, tanto pan branco porque o pan branco non podemos esquecer que ten o índice glucémico como o azucre".

Os nutricionistas insisten na importancia dos alimentos saudables para mellorar o rendemento escolar.

María Teresa Rejas engade: "Un pan de calidade, sería a miña proposta, froitos secos para os nenos que xa non son tan pequenos e froita de tempada".

Os expertos apelan á responsabilidade dos pais que deben dar exemplo dende a casa.
María Teresa Rejas tamén afirma: "Había que reeducar os pais a través da alimentación para que os nenos coman máis saudable. E hai moitas escusas que se non teño tempo, que se teño que erguerme ás sete, pois érgueste ás seis que para iso tes fillos".

Mellorar o rendemento escolar e evitar a obesidade infantil é posible aprendendo a preparar ben a mochila.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/09/2019