CRTVG

Buscar

A ilusión pola permanencia regresa a Riazor

Publicado o 17/04/2018 16:19

Os dous van recibir como locais os finalistas da Copa do Rei que se vai disputar este sábado. Comezamos polo Deportivo, que recibe o Sevilla sen marxe de erro. Riazor será unha caldeira.

Miren senón as longas ringleiras de afeccionados que onte agardaban para facerse cunha entrada. O club entregou case 4.000 entradas. O deportivismo volve crer na permanencia despois de encadear dúas vitorias, ante o Málaga e o Athlétic de Bilbao. A salvación está agora a cinco puntos. Seedorf recupera a Guilherme. Çolak non será titular e Adrián será da partida. A desta tarde non é unha final pero case.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/04/2018