CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A Illa de San Simón acolle a IV edición de Nethinking

Publicado o 25/04/2014 21:19
A Illa de San Simón acolle hoxe e mañá #Nethinking2014, un encontro que celebra xa a súa cuarta edición, convertido nun referente a nivel estatal dos eventos vinculados aos modos de comunicar na internet e redes sociais.
Xa está aberta a Illa do Pensamento. Física e virtualmente. Cun claro obxectivo.
"Prantexarnos, cando menos unha vez ao ano, como están todos os temas que rodean a tecnoloxía, sexan medios de comunicación, a educación, a vida das persoas, a sociedade no seu conxunto como evoluciona. Ver como é un pouquiño ese estado de situación actual e tentar preveer, iso si que é o máis difícil, o futuro."
E malia estar illados literalmente na Illa de San Simón, Nethinking é un evento aberto ao mundo, a través dun formato singular, no que os internautas poden formular preguntas en directo e compartir as súas reflexións por medio, por exemplo, do Twitter. Precisamente a eles lles lanzou un reto un dos convidados deste ano, Risto Mejide.
"Eu animo a todo o mundo a que tome parte na conversación, a que diga o que pensa e que se ademais teñen valentía, que o fagan co seu nome e apelidos. Porque esa é outra, aquí vimos nós a dar a cara, a ver se eles fan o mesmo."
En edicións anteriores Nethinking acadou máis de seis millóns de impacto e foi seguido en directo por internautas de máis de trinta países.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

25/04/2014