'A Illa das mentiras' e 'Auga seca'. premiadas no Celtic Media Festival
Publicado o 09/09/2021 21:35
'A Illa das Mentiras' de Paula Cons acaba de facerse co premio á mellor película do Celtic Media Festival. O filme recibiu xa nos Mestre Mateo deste ano cinco galardóns: á mellor dirección, mellor intérprete masculino de reparto, mellor dirección de Arte, mellor maquillaxe e mellor perruquería. Producida por TVG, 'A Illa das Mentiras' conta o afundimento do buque Santa Isabel fronte á Illa de Sálvora en 1921. E é un recoñeemento ás 3 mulleres que salvaron a vida de 48 persoas e que foron esquecidas pola historia.
O Celtic Media Festival premiou tamén como a mellor serie 'Auga Seca', coproducida pola TVG.