CRTVG

Buscar

A Illa das Esculturas de Pontevedra acolle este sábado o Festival do Leite

Publicado o 14/09/2018 13:01

O Festival do Leite é un evento musical de libre acceso e carácter itinerante. Esta terceira edición que se celebra mañá ofrece os seus concertos á beira do Lérez.

Este sábado, en Pontevedra, haberá música e actividades para todas as idades desde mediodía ata medianoite. De Vacas, The Limboos e Triángulo de Amor Bizarro están entre os artistas que subirán ao escenario. 

María Fumaça, A Gramola Gominola amenizarán a xornada aos máis pequenos, e A coruñesa Sés tamén dará un concerto mañá na Illa das Esculturas dentro da ampla programación deste Festival. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018