CRTVG

Buscar

A illa da Toxa é a terceira zona máis cara de España para alugar casa

Publicado o 23/06/2020 21:36

A covid-19 esta modificando as vacacións deste ano, e hai zonas coma esta, a illa da Toxa, que son das mais cobizadas. De feito é a terceira zona máis cara de España para alugar casa. Segundo a Sociedade de Taxación Independente, Tecnitasa, unha semana nun piso de 90 metros cadrados na illa da Toxa custa 2.000 euros. Por diante só están as exclusivas zonas de Punta Prima, en Menorca, e Porto Banús, en Marbella. Por outra banda, en Galicia tamén se atopan os alugueiros vacacionais máis baratos: 200 e 250 euros semanais por apartamentos de 60 metros cadrados en Burela e O Vicedo.

O alugueiro vacacional é a estrela nos tempos da covid-19. A illa da Toxa é sinónimo de exclusividade e tranquilidade, e os turistas apostan este ano por zonas onde a pandemia non bateu tan forte. Segundo un informe da sociedade de taxación independente, Tecnicasa, A Toxa é o terceiro lugar mais caro de España para alugar un piso: 2.000 euros por unha semana.

Hai uns meses o panorama era moi negro.

Só Punta Prima, en Menorca e Porto Banús, en Marbella, superan A Toxa con alugueiros semanais de 2.800 e 2.500 euros respectivamente. Pola contra, en Galicia tamén se atopan as opcións mais baratas de España: 200 e 250 euros por apartamentos de 60 metros cadrados en Burela e O Vicedo.

Noticias web

23/06/2020