CRTVG

Buscar

A igrexa de Bastavales busca campaneiro

Publicado o 09/08/2020 21:40

As campás de Bastavales buscan campaneiro que as toque. Din os do lugar que o seu son é diferente ao de calquera outro campanario. Tan especial é que foi inmortalizado por Rosalía de Castro na súa obra.

Tres veciños da parroquia, entre eles Serafín e Manuel, manteñen cada día a tradición de maneira temporal mentres non atopan remuda ao campaneiro oficial que realizou ese traballo os últimos 20 anos e que presentou hai unha semana a súa renuncia.

O párroco de San Xulián de Bastavales sacou un bando na parroquia ofrecendo o posto vacante.
Din que é máis que un traballo, é unha tradición, que esixe tamén moita implicación e coñecer todos os toques e os seu significados.

Na parroquia resístense ás novas tecnoloxías e apostan pola tradición, non contemplan que se acabe perdendo o oficio e que as campás cheguen a tocar de xeito automático.


 

Noticias web

09/08/2020