CRTVG

Buscar

A idade de xubilación sobe ata os 65 anos e oito meses

Publicado o 02/01/2019 08:25

A idade para poder xubilarse co 100% do soldo sobe ata os 65 anos e oitos meses. Son dous meses máis ca o ano pasado. Hai a posibilidade de xubilarse con 65 anos acabados de facer sempre que se cotizasen máis de 36 anos.

Este atraso na idade de xubilación é unha suba progresiva, que irá elevando nos vindeiros anos a idade para acceder á pensión ata os 67.







 

Noticias web

02/01/2019