CRTVG

Buscar

A hostalería reinvéntase para atraer clientes

Publicado o 11/11/2020 20:35

O detective privado Sam Spade cambiou a súa oficina en San Francisco por unha copa de viño a carón do rei do rock, quen reivindica, como non podía ser doutro xeito, a necesidade de cultura. Eles e outras celebridades como o Tío Sam ou un Papá Noël moi previsor, son os novos habituais da terraza desta cafetería do centro de Vigo.

Creatividade, reinvención, visibilidade e autoafirmación impulsan cambios nalgúns dos negocios que se manteñen abertos con opcións a domicilio ou para levar. As experiencias das viaxes serviron de inspiración neste café que agora tamén vende flores.

Se cadra, cando remate este período provisional veremos que algunhas destas novas ideas viñeron para quedar.

Noticias web

11/11/2020