CRTVG

Buscar

A hostalería amplía o horario e recupera o consumo na barra e a ocupación total

Publicado o 23/10/2021 20:13

Durante 19 meses a hostalería foi o sector máis prexudicado, bares e restaurantes recuperan a ocupación ao 100 % e volve o consumo na barra. E xa había moita gana.

A clientela botaba en falta o espazo da barra no bar e ano e medio despois volven as conversas e as xuntanzas a carón da barra.

O remate da situación de emerxencia permite, por fin, relaxar as medidas na hostalería. E en cidades como a de Lugo comezan a recuperar o hábito de tomar os viños. Con todo, seguen as máscaras no interior e a distancia interpersoal.

Recupéranse hábitos como tomar o vermú con música en directo. O cantante do grupo Eladio y los Seres Queridos quixo apoiar a hostalería cando volve á capacidade total de ocupación e amplía horarios.

Agora poden abrir as fins de semana ata a unha e media da mañá, e por fin estamos un pouco máis cerca da vida que coñeciamos como normal.

Noticias web

23/10/2021