CRTVG

Buscar

A hostalería preparase para a fin de semana co QR dispoñible no 60 % dos locais

Publicado o 05/03/2021 15:15

A mairoía están preparados. Hai terrazas e interiores sinalizados, cartelería visible coa ocupación máxima permitida e código QR

A cartelería loce xa no 60 % dos locais. O resto terá unha semana máis para adaptarse á normativa. A Xunta ampliou a moratoria polos problemas de descarga na plataforma que facilita os códigos QR. 

Allfonso Rueda explica que responden así á petición dos hostalerios: "É lóxico, vista a súa vontade de colaboración, darlles un pouco máis de tempo para esta moratoria, descargar o código QR".

Obrigado para o local, voluntario para o cliente que instale a aplicación Passcovid.

Haberá qure agardar para ver se os clientes se acostuman a este xesto que busca reforzar a seguridade do local e o rastrexo de posibles positivos

A marxe da cartelería, o resto das medidas da normativa si que son obrigatorias: ocupación limitada, horarios restrinxidos, distancia de seguridade e a máscara. As policías intensificarán o seu control e poden sancionar.



 

Noticias web

05/03/2021