CRTVG

Buscar

Sanidade descarta polo momento unha flexibilización dos horarios da hostalería

Publicado o 08/03/2021 16:44

O alivio de restricións non vai chegar, polo de agora, á ampliación dos horarios de hostelaría. A tendencia á baixa dos contaxios consolídase en toda a comunidade, pero os hospitais e, especialmente, as unidades de coidados intensivos teñen aínda unha ocupación alta. Por iso, as autoridades sanitarias prefiren actuar con prudencia e non dar pasos atrás.  

Luis Estévez reabre hoxe o interior do seu bar logo de case dous meses pechado. Terrazas ao 50% e interior ao 30 cun horario de peche fixado para as 6 da tarde en toda Galicia. A hostalería intenta recuperar o pulso con prudencia.

As autoridades sanitarias advirten dun comportamento moito máis prudente na hostalería nesta fin de semana. Pero os datos aconsellan ser aínda prudentes na desescalada antes de avanzar nos horarios de apertura.

Os hostaleiros ultiman tamén as medidas de control das ocupacións coa instalación do códigos QR que moitos ofrecen xa nos seus locais. O prazo amplíase ata este venres en toda a hostalería de Galicia.


 

Noticias web

08/03/2021