CRTVG

Buscar

A hostalería galega mobilízase para pedir o rescate do sector

Publicado o 24/02/2021 21:01

A hostalería galega volveu mobilizarse hoxe, e fíxoo ata en 20 localidades.

Como en Santiago. Ou en Pontevedra, onde a protesta ía precedida por un coche fúnebre para simbolizar a morte do sector tras un ano sen apenas poder traballar. Na Coruña, a mobilización foi a golpe de cazolas.  

Os hostaleiros din que as axudas son insuficientes, piden o rescate do sector.

"Pedimos un plan de rescate urxente xa, ao nivel que merece o noso sector. Un sector que para o emprego e para o PIB neste país produce o que produce. Somos conscientes de que a economía do Estado español non é a de Alemaña, Francia ou Holanda, pero eses son países que si están poñendo no lugar que merece o sector da hostalería e aquí non se está a facer realmente", di Xavier Barral, da Plataforma na Defensa da Hostalería Galega. 

Noticias web

24/02/2021