CRTVG

Buscar

A hostalería española elixe Lugo para presentar o concurso nacional de petiscos

Publicado o 13/02/2020 15:31

Lugo foi a cidade escollida polas asociacións de hostalería de España para a presentación do primeiro concurso nacional de petiscos.

Para que os viños presten, hai que tomalos con tapa. E para tapas, Lugo. Cada quen ten as súas favoritas.

E a mellor parte é que todas son gratuítas... Pode parecer mal negocio, pero, precisamente, son o segredo do negocio.

A tradición está máis viva ca nunca e cada vez son máis os turistas que se animan a visitar estoutro patrimonio, o das bandexas dos bares de Lugo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2020