CRTVG

Buscar

A hostalería de Galicia non é partidaria de usar pantallas

Publicado o 27/04/2020 14:20

Restaurantes e bares son o sector máis afectado polo coronavirus. Levan 45 días pechados e sen ningún tipo de ingreso. Eles serán os últimos en abrir as súas portas.

Polo de agora non hai unhas medias concretas para cando abran os locais de restauración. Fálase dunha capacidade do 30% e do uso de pantallas, algo que non convence os propietarios. Piden máis flexibilidade coas terrazas.

Os hostaleiros solicitan plans específicos e medidas realistas para o sector e que se destinen os cartos dos festexos que non se van celebrar en axudas.

Noticias web

27/04/2020