CRTVG

Buscar

A hostalería coruñesa, resignada ante as novas restricións pola covid-19

Publicado o 09/01/2021 14:41

Entraron en vigor á medianoite. Son as novas novas restricións, limitacións que se suman ou que complementan as que xa estaban vixentes. As normas aplícanse a unha pobación de case 335.000 persoas dos municipios da Coruña, Arteixo, Culleredo e Cambre, integrados nunha área propia coa mobilidade restrinxida. Desta volta, os máis afectados volven ser os hostaleiros. Adiantan a hora de pechar ás seis da tarde e reducen un dez por cento máis a capacidade interior dos locais.

Este sábado xa non vemos máis de catro persoas xuntas na mesma mesa. A prioridade é frear a evolución dos contaxios. Na cidade da Coruña o número de casos activos achégase aos 700. Hai dezaseis persoas na unidade de coidados intensivos do CHUAC e outros 78 pacientes en planta. A hostalería convocou unha cazolada de protesta para o próximo martes na praza de María Pita.

Noticias web

09/01/2021