CRTVG

Buscar

A hostalaría de Pontevedra celebra estar en nivel medio de restricións, pero teme unha cuarta vaga

Publicado o 07/03/2021 21:11

Son as seis da tarde deste domingo, o último de Pontevedra en nivel medio, o 2, nas restricións de coronavirus. Hoxe neste local da praza da Verdura, na zona vella pontevedresa, recollen a terraza porque dentro tiveron prohibido servir tanto nas mesas coma na barra.

Segundo determinou o comité clínico con datos de ata o venres, Pontevedra pode dar un paso adiante. O concello recupera a mobilidade dos seus a concellos do mesmo nivel, poden reunirse catro persoas non conviventes e a hostalaría pode servir en interior ata un aforo do 30 %.

En Pontevedra o Sergas comunicou 94 novos positivos de coronavirus por medio de PCR por cen mi habitantes nos últimos catorce días. Esta cifra dá unha incidencia de entre 50 e 150 casos. Nos últimos sete días Pontevedra comunicou 23 novos contaxios.

Noticias web

07/03/2021