CRTVG

Buscar

A hostalería da Illa de Arousa asume restricións de nivel alto

Publicado o 08/04/2021 14:03

A Illa de Arousa sobe a nivel alto e a hostalería só pode atender en terrazas ao 50 %.

Carmen é a alma mater dun dos restaurantes máis concorridos da Illa de Arousa, e unha das hostaleiras que sofre as consecuencias do endurecemento das restriccións. E iso que aquí non están nin de lonxe, no peor momento da pandemia. Chegaron a ter en decembro case dez vezces máis: 105 casos.

A mensaxe do Concello: que conteñan este gromo cumprindo estritamente coas medidas de profilaxe e control. "Se non temos coidado, isto non se acaba máis", afirman.

Noticias web

08/04/2021