CRTVG

Buscar

Os bancos de Noalla, feitos por un veciño agradecido á Virxe da Lanzada e a quen o salvou de morrer afogado

Publicado o 31/08/2021 14:04

"Grazas pola vida". Esa é a mensaxe que resume a historia deste banco situado na praia de Pragueira, en Noalla. Construíuno Manolo, 'Puente', como o coñecen alí. Hai 7 anos estivo a piques de morrer afogado, e nese dramático momento pediulle á Virxe da Lanzada que o salvase. O milagre obrouno Dani, un veciño que vive ao carón da praia, que non dubidou en botarse ao mar para rescatalo.

Manolo sentíase en débeda con Dani e ocorréuselle construír este banco en agradecemento ao seu xesto heroico. Instalouno diante da súa casa. Pretendían que fose unha sorpresa, pero colleunos na allada. Ainda se emociona cando lembra o momento, en que se abrazaron e choraron.

Pero Manuel tamen cre que a intersección da Virxe da Lanzada foi crucial na sua salvación, así que construíu outro banco en homenaxe á santa. Instalouno a semana pasada ao carón da ermida.

Ademais das mellores vistas, os bancos de Noalla teñen unha historia chea de vida.

Noticias web

31/08/2021