CRTVG

Buscar

A Revista

A historia da conmovedora imaxe do neno chinés que chegou conxelado á escola

Publicado o 12/01/2018 13:29
Unha imaxe que xa se fixo viral en medio mundo é a deste neno de oito anos que chegou co pelo conxelado á escola.

Chámase Wang Fuman e vive nunha zona rural do sur da China, coa súa avoa e a súa irmá maior, nunha casa de barro co teito de palla.
Cada día ten que camiñar catro quilómetros e medio para poder asistir á escola. Unha hora e media de traxecto con temperaturas moi baixas, duns nove graos baixo cero. Imaxe que o seu mestre deu a coñecer a través das redes sociais e que o fixo famoso en medio mundo. Un apuntamento: nunca faltou á clase.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

12/01/2018