CRTVG

Buscar

A Guarda festexa o seu día grande coa tradicional subida ao monte

Publicado o 13/08/2017 14:16

Trátase dunha festa na que milleiros de persoas soben a pé dende ben cedo ata a cima de Santa Tegra

Nas horas previas á subida, os bombos xa se escoitan dende a cima do monte de Santa Tegra. Falamos das Festas do Monte na Guarda que hoxe celebra o seu día grande.

Nela participan milleiros de persoas pero tamén as famosas bandas que enchen de son esta festa. En total son vinte e dúas, e todas, ao longo do día xuran con viño fidelidade a unha tradición centenaria.

A música é sen dúbida a protagonista do percorrido que remata na ermida de Santa Tegra, onde comeza a romaría. 

E así, pasan o día. Acompañados da familia e da música. Din que o seu son pode escoitarse en todo o municipio da Guarda.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2017