A Guarda e As Pontes prepáranse para afrontar as restricións
Publicado o 02/12/2020 21:40
Novas limitacións na Guarda. Na hostalería só se permittirá unha ocupación do 30 % no interior dos locais e do 50 % nas terrazas.
Algo de sorpresa entre os veciños, que contaban co peche total da hostalería. Agora poderá abrir ata as cinco da tarde. Tamén se permitirán as reunións de ata catro persoas non conviventes.
Algo máis restrinxida está a situación nas Pontes. Os bares non poderán atender no interior e só funcionarán as terrazas á metade da súa capacidade.
Agora os veciños agardan que estas medidas sexan efectivas canto antes para baixar as cifras de contaxios.